FESTIVAIS NADAL

  • 21 de decembro de 2017

FESTIVAIS NADAL

Como sabedes por experiencia, os últimos días, son moi intensos en acontecementos. O martes, día 19 de decembro, tivo lugar o Festival de Nadal para para o 1º e 2º Curso de Educación Primaria ao cal acudiron as familias dos alumnos destes cursos. O mércores, día 20,  tivemos o Festival de Nadal para Educación Infantil ao cal tamén acudiron as familias dos alumnos.

O xoves día 21, derradeiro día de clase, os alumnos do resto de grupos de Educación Primaria e Secundaria así como os profesores disfrutamos do Festival de Nadal. O grupo gañador no festival de ESO foi de 3ºA ESO.

O mesmo día 21 celebrouse na Igrexa do Colexio unha eucaristía na que participaron alumnos de todas as etapas educativas, familias e profesorado. Celebramos a COMUNIDADE EDUCATIVA. Posteriormente continuou o mercadillo solidario rematando cun chocolate con churros.





@cole_remedios tweets