Oferta - Obxectivo anual

Non esquecemos que como cada ano, as Fillas da Caridade de España comparten un mesmo obxectivo para todos os Centros Educativos Vicencianos. Este curso, o obxectivo educativo e o SERVIZO e teremos por lema:SABER MÁIS PARA SERVIR MELLOR!
Segundo o dicionario, o Servizo son un conxunto de accións que son realizadas para servir a alguén, algo ou algunha causa. Unha definición puramente obxectiva diría que servir é desempeñar certas funcións ou cumprir cuns deberes para cunha persoa ou colectividade.
Se partimos disto vemos que o servizo é un aspecto funcional e puramente organizativo. Pero non hai que pensar moito para darse conta que é moito máis. Mirade, desde o momento que nacemos o servizo é unha acción necesaria para a nosa supervivencia. Enfermeiros axudando a médicos, matronas a disposición da nosa nai e os nosos pais, aí están, aos nosos pés para sacarnos adiante cando estamos recentemente nados. Pero estas accións de servizo pódense realizar por diferentes razóns: responsabilidade, agarimo, remuneración económica...Necesitamos formarnos, profundar, estudar estratexias para poder facer mellor este labor, o servizo, que ha de ser principal nas nosas vidas.

 




@cole_remedios tweets