Proxecto - Plurilingüismo e plurinfantil

PLURINFANTIL

Desde o curso 2017-2018 o colexio participa no proxecto PLURINFANTIL : unha aposta nesta etapa na que o  número de horas que teñen os alumnos de Educación Infantil é de 5 horas semanais que se reparten en 10 sesións de media hora. Este incremento das sesións dentro da aula en lingua inglesa lévase a cabo con diferentes actividades de expresión oral (speaking), rutinas, psicomotricidade e vocabulario adaptado a cada aula. Os alumnos de Educación infantil tamén contarán con unha sesión semanal coa auxiliar de conversa
Grazas a este proxecto os nosos alumnos teñen contacto coa lingua inglesa desde idades máis temperás, ofrecendo a posibilidade de desenvolver a comprensión e expresión en inglés de maneira lúdica e natural, o que facilitará a súa continuación no proxecto plurilingüe en Educación Primaria.

Os obxectivos finais son:          

  1. Incrementar o número de horas adicadas á lingua estranxeira en infantil.
  2. O motivo fundamental que impulsa ao centro é a resposta á necesidade de mellorar o nivel de competencia oral do alumnado, así como o seu coñecemento sociocultural e a capacidade para abrirse a outras linguas e culturas.
  3. Anticiparse ao Proxecto Plurilingüe de Educación Primaria .
  4. Continuar coa implantación de proxectos que melloren o dominio das linguas estranxeiras iniciada no curso 2007-2008 con seccións bilingües no primeiro ciclo de Educación Primaria.
  5. Continuar coa implantación   de proxectos que melloren a calidade educativa do Centro
  6. Acercar ao alumnado e profesorado á cultura do país mediante a presentación de temas de actualidade e actividades lúdicas.
  7. Enriquecer simultaneamente e dun xeito correlacionado os coñecementos lingüísticos integrados nas  diversas áreas de infantil.
  8. A necesidade de posuír , na sociedade actual un bo dominio de linguas estranxeiras.
  9. Mellorar o proceso de ensinanza/aprendizaxe da lingua inglesa.
  10. Desenvolver destrezas de comunicación nos diferentes idiomas.

PLURILINGÜISMO 

O colexio pertence á REDE DE CENTROS PLURILINGÜES DE GALICIA que comezaron a denominarse así no curso 2010-2011. Os centros plurilingües son aqueles que imparten unha ou varias materias en lingua estranxeira en toda unha etapa educativa. Teñen, entre outros, os seguintes obxectivos:
  1. Formar en linguas estranxeiras á vez que en contidos non lingüísticos.
  2. Mellorar o dominio efectivo en linguas estranxeiras do alumnado galego.
  3. Fomentar a pluralidade lingüística e cultural nos centros educativos para lograr a plena integración do alumnado nun contexto cultural e económico globalizado.
  4. Promover o desenvolvemento dun currículo integrado das linguas para favorecer a transferencia dos coñecementos e as competencias dunha lingua a outras.

As medidas para potenciar o idioma son:

PRIMARIA

  1. As materias impartidas en inglés: Música, Plástica e Educación Física
  2. Auxiliar de conversa en todos os grupos.
  3. Preparación para exames Cambridge nas extraescolares de inglés.
  4. Campamento de verán de inglés

ESO

  1. As materias impartidas en inglés: Música en 2º ESO e Educación Plástica e Visual e audiovisual en 1º ESO
  2. Auxiliar de conversa en todos os grupos.
  3. Preparación para exames Cambridge nas extraescolares de inglés.
  4. Inmersión lingüística con familias no estranxeiro

 




@cole_remedios tweets