Proxecto - Plataforma Educ@mos

Na nosa constante preocupación por mellorar os servizos que o Centro presta, puxemos en marcha a plataforma educativa on-line EDUC@MOS na que cada pai podeconsultar diariamente todos os datos dispoñibles de interese acerca da marcha académica do seu fillo/a. Ademais, permite a comunicación con titores, profesores e Centro por medio de correo electrónico interno e outra serie de operacións que facilitan a comunicación. Na actualidade,  a plataforma Educamos está implantada en Infantil, Primaria e Secundaria.
Desde este momento pode:

  • Consultar as notas dos seus fillos e as diversas tarefas (exames, traballos,…)
  • Consultar as observacións e anotacións de titores e profesores no día a día.
  • Consultar as datas das diferentes tarefas do seu fillo (exames, traballos, …)
  • Consultar os horarios escolares dos seus fillos.
  • Consultar as faltas de asistencia,xustificacións, expulsións...
  • Comunicarse  cos profesores que imparten cada materia.
  • Consultar as actividades extraescolares ecomplementarias dos seus fillos.
  • Atender aos alumnos de forma personalizada.
  • Incorporar contidos dixitais á aula.
  • Optimizar os procesos de avaliación.
  • Crear espazos de interacción onde as persoas crecen aprendendo.
  • Xestionar o centro dunha forma cada vez máis eficiente.  

Este novo servizo significa un salto cualitativo importante na nosa integración ás novas tecnoloxías, sendo neste momento un dos poucos centros que poden prestar este servizo. Para acceder a estes datos, é necesario visitar a páxina Web:

http://nsremedios-santiago.educamos.com

Para poder acceder a ela previamente debe solicitar no centro un nome de usuario e contrasinal. Tamén se pode descargar a aplicación ao móbil

Pódese visualizar un vídeo instrutivo sobre educamos.


 

Documento app Educ@mos para familias

 

 

Para resolver dúbidas sobre o uso da plataforma pódese facer a través do correo:

educamoscoleremedios@nsremediossantiagoo365.educamos.com

 

 

 

 

 

 




@cole_remedios tweets