Servizos - Departamento de orientación

EQUIPO PSICOPEDAGÓXICO

O centro conta con 3 tres especialistas dedicados á Orientación. Esta concíbese coma unha actividade orientadora , como unha formulación preventiva das dificultades e desarrollista das competencias dos alumnos , adoptando unha perspectiva sistémica.A través deste equipo, póñense en marcha programas de actuación dirixidos a mellorar a calidade do centro.

A liña de actuación do Departamento de orientación é por programas mediante accións planificadas , encamiñadas a lograr uns obxectivos cos que satisfacer necesidades dirixidas ao alumno con carácter preventivo e de desenvolvemento , deseñando uns obxectivos concretos , planificados , executados e avaliados na que van intervir non só o Departamento de Orientación senón todos os compoñentes da comunidade educativa ( profesores , equipo directivo , país… ). O Departamento de Orientación desenvolve a súa actividade desde a vertente escolar , vertente vocacional e vertente persoal.

ACTIVIDADES E PROGRAMACIÓN

Ao principio de curso o Departamento de Orientación explicará ás familias as súas liñas de actuación en todos os ámbitos desde a educación Infantil , a Educación Primaria e a ESO. Coa colaboración da ANPA (asociación de pais de alumnos) organizaremos charlas educativas para pais e alumnos sobre temas de interese (Uso responsable das tecnoloxías da información , Como inflúen as tecnoloxías na educación dos nosos fillos, A hiperactividade nos nosos fillos , Problemas de conduta na escola e na casa , Dificultades de aprendizaxe e a desmotivación , Intercambio de alumnos para estudar no estranxeiro, ....).

O Departamento de Orientación lembra ao alumnado da ESO que ten a súa disposición blogs orientados á toma de decisión sobre os seus  estudos.Pode consultar o programa Orienta  na seguinte ligazón: http://www.elorienta.com/losremedios/
 

Neste blog está disponible o Orientaline (aplicación interactiva). Ademais, pode  consultar o Orientaline fóra do blog (como unha aplicación)  na seguinte ligazón: http://www.orientaline.es/?yafxb=36148




@cole_remedios tweets