Hoxe os alumnos e alumnas de 6° de Primaria fomos ata a Cidade da Cultura para ver a exposición “Unha vida viquinga”.
Nela aprendemos moitas curiosidades sobre os vikingos, vimos como eran os barcos, as costumes, e desfixémonos de mitos que tiñamos moi arraigados sobre esta cultura.
Aproveitamos para ir ó parque que estaba ó lado para desfrutar deste fermoso día e volvimos facendo unha camiñata ó carón do río Sar.