Ao Ximnasio sabendo o que facemos!!
Durante esta semana o alumnado de 3º e 4º da ESO desde a materia de Educación Física, traballamos a forza no ximnasio de musculación.
Estivemos buscando as cargas idóneas para facer unha boa planificación e conseguir un aumento desta capacidade física tan importante.
A seguridade e o coñecer que estamos a facer e por que son os obxectivos prioritarios desta Unidade Didáctica.
Ánimo rapaces que a forza nos acompañe!!!