PREVENCIÓN E RISCOS CONSUMO ALCOHOL E DROGAS - ESO

  • 10 de abril de 2025

PREVENCIÓN E RISCOS CONSUMO ALCOHOL E DROGAS - ESO

“Obradoiros de prevención e información dos riscos do consumo de alcohol e drogas”

Ao longo desta semana os alumnos de 1º a 3º de ESO recibiron información, dende distintas perspectivas, sobre a prevención e os riscos que supón o consumo de alcohol e drogas.

Os alumnos de 2º da ESO participaron nunha charla no “Programa menores sen unha pinga”, da Fundación Alcohol e Sociedade, sobre a prevención do consumo de alcohol.

Os alumnos de 1º da ESO colaboraron nese mesmo programa cubrindo unha enquisa anónima para recoller datos sobre as súa percepción sobre o consumo.

Os alumnos de 3º da ESO, participaron nunha mesa redonda con membros de “Alcohólicos Anónimos” de Santiago onde lles falaron en primeira persoa da influencia negativa do alcohol nas súas vidas. Por outra banda, tamén veu a policía, enmarcada no “Plan Director” sobre a prevención do consumo de drogas e alcohol.





@cole_remedios tweets