Remata a semana cultural e o alumnado de 3° ESO faino levando o currículo de Bioloxía fóra da aula para aprendelo na Facultade de Óptica e Optometría de xeito experimental e con aplicacións directas.
Anatómia do ollo, as súas funcións: mecanismo da visión e sincronización do reloxo biolóxico.
Erros refractivos, visión binocular, polarización da luz e funcionamento dunha cámara escura.
Todo isto aprendemos ademais da actividade estrela: disección de ollos de terneira galega.
Unha sorte poder aprender ao tempo que o pasamos ben!
Moitas gracias aos profesores Carmen Bao Varela e Justo Arines Piferrer que xa levan catorce anos abríndonos as portas da súa facultade. Extensivo agradecemento aos estudantes de doutoramento Javi, Sofía e Víctor!