PENA AVENTURA 2° ESO
O xoves 10 de abril arrancaba a viaxe de 2º de ESO a Pena Aventura.
Parada obrigada en Guimaraes para dar un paseo polas súas rúas e visitar o castelo.
Despois de repoñer forzas agardábanos o parque de Pena Aventura con actividades cargadas de adrenalina!!!
Como actividade estrela, o Fantasticable: 1538 metros de lonxitude cunha altura máxima de 150 metros, no seu descenso chégase a unha velocidade máxima de 130km/h.
A mariores dunha longa lista con paintball, crazy cars, caída libre (quick flight)…percurso aventura e alpine coaster foron, nalgúns casos, uns auténticos retos persoais a superar!!
Parabéns mozos e mozas pola vosa actitude destes días. Así dá gusto viaxar con vós!!!
Unha mención especial para o equipazo de PradoTours (Marta e Diego) que nos acompañaron e axudaron en todo momento a desfrutar desta experiencia.
Sodes uns cracks!!!
Agora espera o merecido descanso das vacacións.