Hoxe o noso alumnado de 4º da Eso asistiu no Gaiás á IV xornada “somos cibernéticas” organizada por AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) e que ten como obxectivo espertar o interese do alumnado pola ciberseguridade, campo que está a resultar clave para a seguridade nas redes.
Trala presentación da xornada a cargo de Mª José García Sexto, directora da área de Administración de AMTEGA, tivo lugar a conferencia “Rompendo códigos e barreiras” a cargo de Pilar Vila, CEO e Cofundadora de Forensic&Security, onde explicou en que consistía o seu traballo en ciberseguridade, así como as oportunidades educativas e a inserción laboral na ciberseguridade, onde hai que deixar de lado todo tipo de estereotipos.
Tras un pequeno refrixerio, os alumnos participaron en cinco talleres ou retos con títulos tan suxestivos como “A túa vida dixital en risco” ou “O impostor na nave: os Deepfakes”, onde coa axuda de varias especialistas na materia fixeron os seus pinitos en distintos aspectos relacionados coa ciberseguridade.