CELEBRACIÓN DIA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

  • 30 de xaneiro de 2018

CELEBRACIÓN DIA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Hoxe celebramos o día da Paz no colexio. Este ano centrámonos en todo aquelo que ataca e impide a paz e a necesidade de superalo.

Eses aspectos negativos son as pedras que forman os muros que dividen as persoas , aos pobos e fan que nos centremos no malo e vexamos a diferencz como unha ameaza da cal nos temos que defender ou atacar.

Hai moitos elementos que constrúen o muro  entre as persoas:  o racismo, a xenefobia, a corrupción, o egoísmo,  o machismo, os abusóns, … Os alumnos de todo o colexio participaron detectando eses males e con esas pedras negativas construiron un muro da intolerancia.

Un muro que foi derribado pedra a pedra, así foron caendo a inxustiza, a desigualddade, os abusóns, a violencia de xénero … ata acabar derruido . Cando somos quen de derruir os estereotipos, os prexuizos, vemos que ao redor hai persoas con ilusións e medos como temos nós. Que todos somos iguais e formamos unha unión de iguais.

Por iso, para acabar o acto, os alumnos de 4º da ESO bailaron para celebrar esa unión baseada no recoñecemento da igualdades sen importar condición económica, raza, xénero , relixión , orientación sexual...

POR UN MUNDO XUSTO. DERRUBEMOS OS MUROS QUE NOS AFASTAN DOS NOSOS IGUAIS!!!





@cole_remedios tweets