Servizos - Actividades extraescolares

O obxectivo fundamental das Actividades Extraescolares que oferta o Colexio é proporcionar un complemento de formación e desenvolvemento para os nosos alumnos enriquecendo a súa personalidade, os seus gustos e as súas necesidades. É importante unha boa elección destas actividades que debe realizarse en base aos intereses, posibilidades e necesidades dos alumnos. Non debemos esquecer a importancia que ten  integrar estas actividades no tempo real que necesitan os mozos para o estudo. Permiten unha maior participación da comunidade educativa desenvolvendo valores relacionados coa socialización, a participación e a cooperación.
Promoven un sentimento de pertenza ao centro e ao grupo, axudan a adquirir unha maior autonomía e responsabilidade na organización do seu tempo libre, favorecendo a autoestima ao dar a oportunidade de destacar naquelas competencias e habilidades nas que senten máis motivados e capaces.

Ante calquera dúbida ou consulta sobre estes servizos, pódese poñer en contacto co responsable,  Victoriano Ramos Benito, no correo electrónico : extraescolaresremedios@gmail.com

Actividades extraescolares Educación Infantil

Actividades extraescolares Educación Primaria 

Actividades extraescolares Educación Secundaria 




@cole_remedios tweets