Proxecto - Exames Cambridge

Grazas ao Programa BEDA realízanse no noso centro os prestixiosos exames  CAMBRIDGE. Estas probas están aliñadas no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL) e teñen validez internacional. A actividade extraescolar de inglés, ofertada polo colexio,  está orientada cara a preparación dos exame  Cambridge, desde 3º de Educucación Primaria ata 4º de ESO. Isto non quere dicir que sexa obrigatorio presentarse.  

 

 

Poden presentarse alumnos, profesores e PAS aos seguintes niveis:

YLE(Young Learners English Test = Niveis A1 e A2). Destinados a nenos entre 7 e 12 anos. Teñen como obxectivo animalos e estimulalos na súa aprendizaxe do inglés. Existen 3 opcións:STARTERS - MOVERS-FLYERS

KET (Key English Test = Nivel A2): É un exame elemental que avalía a capacidade para desenvolverse no inglés falado e escrito de uso cotián.

PET (Preliminary English Test = Nivel B1): Céntrase na linguaxe escrita e oral de nivel intermedio orientado á contorna académica e laboral.

FIRST (First Certificate in English = Nivel B2): É un certificado de nivel intermedio alto que demostra a capacidade para afrontar con seguridade a comunicación oral e escrita en contextos de carácter profesional e técnico.

TKT ( Teaching Knowledge Test): Deseñado especificamente para profesores. Outorga unha base sólida nas áreas principais de coñecemento necesarias para o ensino da lingua inglesa.




@cole_remedios tweets