Proxecto - Banco de libros

No centro somos conscientes de que o custo que cada familia ten que facer en relación ao material e libros de texto dos seus fillos é alto. Dende o curso 2012-2013 o equipo directivo do colexio decidiu tomar unha iniciativa, que considerou emprendedora: “Programa do Préstamo de Centro” comprometéndonos, así,  a que algúns libros poidan seguir funcionando no curso seguinte.

Así axudamos a reducir os gastos das familias. Este programa funcionaría desde 1º de Educación Primaria a 4º de Educación Secundaria. Algúns libros son do antigo programa de gratuidade e outros foron cedidos ao Colexio porque algunhas familias acolléronse inicialmente ao  “Programa de Préstamo do Centro”. O procedemento a seguir é o seguinte:

  1. As familias interesadas en acollerse ao programa deben cubrir un documento de participación. Os alumnos de 1º curso de Educación Primaria que se acollen por primeira vez non deben entregar ningún libro, só cubrir o documento. Se o que inicia o programa é doutro curso deberá entregar todos os libros do "Programa de prestamo do centro" do curso que deixa.
  2. No documento existe un compromiso de coidar os libros de préstamo que deberá entregar unha vez rematado o curso.
  3. Comprar os libros no colexio e participar no “Programa de Préstamo de Centro” son totalmente independentes (non é necesario comprar os libros no colexio para poder participar no programa de préstamo). Evidentemente, o colexio agradede que as familias compren os libros no colexio para incrementar os recursos que se adicarán á mellora da calidade do ensino nos diversos proxectos.
  4. Para poder participar no programa o alumno debe donar ao centro os libros do programa sempre que se incorpore máis tarde de 1º de Primaria. Desta maneira o programa pode funcionar.
  5. Aqueles alumnos que se acollan ao programa entregarán de novo estes libros ao final do curso, ao colexio, para que poida seguir funcionado o programa de préstamo. Os alumnos quedan obrigados a conservar en perfecto estado os libros entregados, e a devolvelos ao finalizar o curso escolar. En caso de producirse deterioro, extravío ou a non entrega ó final do curso, o alumno deberá repoñer ou proceder ó pagamento do seu importe ou quedará excluído do programa nos vindeiros cursos.
  6. A finalidade principal desta iniciativa é reducir os gastos das familias na compra dos libros de texto

 

 

 

 

 

 




@cole_remedios tweets