Servizos - Aparcamento

Tras a reunión mantida co Concello concedéusenos poder seguir utilizando a Praza de Mazarelos como aparcamento nas entradas e saídas do colexio. O colexio quere dar as gracias ao Concello por este feito que beneficia á toda a comunidade educativa . Teñen dereito a utilización deste recinto as familias que teñen fillos que cursan en Educación Infantil ou en 1º ou 2º curso de Educación Primaria

O procedemento para poder utilizalo é:

  1. Ás familias interesadas deberán cubrir unha ficha/documento na secretaría do colexio.
  2. Unha vez que se confirma que ten dereiro o centro entregaralles unha tarxeta con validez dun curso académico con todos os datos para poder ser utilizada.
  3. A tarxeta débese colocar nun sitio visible do coche e deste  xeito as persoas encargados de coidar as entradas ou saídas evitarán que entren outros coches que non sexan do colexio ou que non lles corresponda.
  4. Cada familia interesada deberá aportar 10 euros anuais.

Os horarios nos que estará aberta a praza:

  • 09:15 a 09:45
  • 12:40 a 13:10
  • 14:40 a 15:10
  • 16:40 a 17:10
  •  

Tanto desde o Equipo Directivo como  a Directiva da Asociación de Pais/Nais rogámosvos e pedímosvos a colaboración para que todo funcione o mellor posible e tamén respetar os horarios establecidos polo concello, pois do contario volverán a cerrar a praza. Grazas pola vosa colaboración.

 




@cole_remedios tweets