O luns 29 de xaneiro, os alumnos/as de 4º de ESO visitaron o CIFP Politécnico de Santiago aproveitando a invitación que nos fixeron para participar nas súas xornadas de portas abertas.
Esta actividade, organizada polo Departamento de Orientación, lévase a cabo dende hai varios anos no centro co obxectivo de que os nosos alumnos coñezan de primeira man en que consisten os estudos de Formación Profesional, xa que nesta visita, non falan só cos profesores que imparten os distintos módulos profesionais, senon que tamén falan cos alumnos e ven os seus traballos.
Tras unha breve acollida,por parte do director do centro no salón de actos, tomou a palabra Manuel Fandiño, un dos orientadores, para dar información aos alumnos do que é a Formación Profesional (FP) e a vexan como unha alternativa máis para a súa formación. Esta explicación consistiu basicamente en :
Logo chegou o máis entretido: visitar as instalacións do centro. Alí, os nosos alumnos puideron ver as clases, todas elas estruturadas para que, aquilo que se imparte teoricamente teña, de xeito case inmediato, a súa aplicación práctica. É por isto que moitas das aulas parecían xa laboratorios e talleres profesionais, xa que dispoñen dos mesmos materiais ca eles. A máquina máis sorprendente foi unha impresora 3D capaz de reproducir integramente a unha persoa a tamaño real.
Por último, os alumnos do CIFP tiñan preparada, no vestíbulo do centro, unha exposición onde expuñan e explicaban os traballos e experimentos que eles mesmos fixeran no desenvolvemento da súa actividade académica.