DESCUBRINDO SANTIAGO 1º PRIMARIA

  • 21 de maio de 2018

DESCUBRINDO SANTIAGO 1º PRIMARIA

Cantas veces coñecemos curiosidades e características doutras vilas e cidades e o que nos é máis próximo queda relegado.

Por iso, os alumnos de 1º de primaria decidimos facer un labor de investigación xunto coas nosas profes. Nós fomos descubrir o Parque da Alameda e as súas curiosidades, que non son poucas.
Nos días previos, e co noso libreto de exploradores , fomos  buscando cousas que nos parecían interesantes na web
As Marías, persoaxes impresdindibles na historia de Santiago. Coralia e Maruxa , sempre arranxadas, maquilladas e vestidas con cores rechamantes, ca súa particular historia deixaron unha pegada na nosa cidade.
O paseo da Ferradura coas súas columnas de leóns, un interesante Valle-Inclán admirando a Catedral ( sabedes ca xente arríncalle as súas lentes moitas veces, e teñen que volver a poñerllas).
Gustounos moito a árbore dos namorados, Cántas parellas sentáronse tamén a admirar a Catedral dende aquí!
Seguimos o noso percorrido, mapa en man, para sinalar todas aquelas cousas que iamos vendo, a Perona ( árbore plantado por Eva Perón, na súa visita a Santiago), os palomeros que fai anos tiñan fermosas aves os seus pés…
Vimos as igrexas de Santa Susana e do Pilar e o edificio modernista non que agora hai unha garderia, o palco dá música ( a ver si volve a ter algún concertiño!) , o banco acústico, no que podemos falar dunha esquina a outra sen berrar nada.
Cantas cousas aprendemos! As profes tamén contaron cousas de cando elas eran pequenas e viñan cos seus pais e avós.
Seguiremos aprendendo cousas novas da  nosa cidade.

 

 





@cole_remedios tweets