SEMANA CULTURAL

  • 21 de maio de 2018

SEMANA CULTURAL

Eu CONTO ti CANTAS… así se preparan os contacontos de infantil e primaria… que importante e divertido é que as nosas profes nos conten historias levándonos a lugares inimaxinables…!!!

Roteiros, rutas de sendeirismo e xogos de cidade, porque... que mellor achegamento á cultura que coñecer a nosa propia cidade a través do xogo e do tempo de lecer?

Xogando non só nos divertimos, coñecemos a novos compañeiros, estamos cos nosos profesores nun ambiente diferente ao da aula de tódolos días, xogando APRENDEMOS máis e mellor!

Charlas, tertulias, conferencias… temas interesantes como a VIOLENCIA DE XÉNERO, as TIC’S, experiencias e testemuñas de exalumnos que nos deixaron  non hai tanto tempo, e volven ao seu colexio… persoeiros importantes no mundo do teatro, cine, da investigación e ciencia...

Campionatos e xornadas deportivas profes-alumnos, xogos tradicionais, talleres de bailes... que nos fan caer na conta de que a actividade físico-deportiva xunto coa expresión corporal, aportan non so benestar físico, senón  un sen fin de beneficios tanto ao corpo como á mente, xa o dicían os gregos: “Mens sana in corpore sano”, sen dúbida,  iso tamén é cultura!

Museos, observatorio astronómico, cidade da cultura, facultades de Xeográfía e Historia, Óptica e Optometría... é tal a cantidade e a variedade de actividades que enchen a nosa semana cultural, que é difícil non esquecer algunha.

Para rematar non pode faltar a celebración do día das Letras Galegas coa homenaxe a Mª VICTORIA MORENO, izaremos a bandeira galega, leremos un manifesto para seguir dando pulo á nosa cultura e ás nosas letras e... como non!  Remataremos as xornadas entoando  a letra de Pondal coa música de Pascual Veiga: FOGAR DE BREOGÁN, DE BREOGAAAAANNNN!!!!

 

HABERÁ AMPLIACIÓN FOTOGRÁFICA





@cole_remedios tweets