CONTACONTOS NA CAMPAÑA ANIMACIÓN Á LECTURA DOS CONCELLO

  • 01 de abril de 2019

CONTACONTOS NA CAMPAÑA ANIMACIÓN Á LECTURA DOS CONCELLO

Os nenos e nenas de 4º e 5º de Ed. Infantil  e 1º de Educación Primaria  participaron na XIX Campaña Municipal de Animación á Lectura organizada polo Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago. Actividade de “Contacontos” no Centro Abanca Obra Social na Praza de Cervantes.

Asistiron a unha marabillosa sesión de contacontos dentro da Campaña de animación á lectura do Concello de Santiago. De paso disfrutamos da primavera camiñando polas rúas de Compostela. Os contos apaixóannos así que ogallá non deixen nunca de lérnolos!.

Disfrutaron e gozaron dos contos que lles contaron... viaxaron ao mundo da súa imaxinación, alá onde todo tén cabida, onde do desfrute, do xogo... sacaron grandes ensinanzas.
Hoxe animámosnos cos contos, porque en realidade a vida é coma un conto 

 




@cole_remedios tweets