Estreamos o mes de Maio con festa. Mes de María e mes de Sta. Luisa de Marillac, mulleres a quen tanto lle debemos!
Hoxe 9 de Maio conmemoramos o aniversario da beatificación de Sta. Luisa, muller decidida e valente, intelixente e perseverante, viúva, nai e cofundadora, xunto con San Vicente de Paúl, das Fillas da Caridade. Hoxe nas eucaristías que celebramos no colexio por cursos, demos grazas pola súa entrega incondicional aos demáis.
Feliz día a toda a comunidade educativa vicenciana, e de xeito especial á comunidade de Fillas da Caridade do noso colexio.