COMUNIDADE EDUCATIVA E MERCADILLO SOLIDARIO 2019

  • 19 de decembro de 2019

COMUNIDADE EDUCATIVA E MERCADILLO SOLIDARIO 2019

O xoves 19 de decembro, á tardiña, escoitabamos repenicar campás de LIBERDADE porque chegou o Nadal Solidario ao noso Colexio!.O xoves 19 de decembro, á tardiña, escoitabamos repenicar campás de LIBERDADE porque chegou o Nadal Solidario ao noso Colexio!.

Celebramos o día da COMUNIDADE EDUCATIVA completamente representada por comunidade de fillas da Caridade, claustro de profesores, alumnos, exalumnos, familias, persoal de administración e servizos e AMPA que tamén organizou varias actividades para os alumnos.

As actividades realizadas foron: 

17 h: “Mercadillo Solidario”, con produtos elaborados artesanalmente, alimentos e doces diversos, e obxectos variados e obradoiro de manualidades na galería. Os beneficios irán destinados aos proxectos misioneiros do colexio: tres bolsas de estudo de nenos que temos apadriñados en Guinea Ecuatorial e Madagascar. Grazas pola vosa colaboración.

18 h: Eucaristía de Nadal, preparada polos alumnos e claustro do colexio. É a festa de toda a Comunidade Educativa, polo tanto facemos unha invitación a todos. Ao rematar a celebración, cantarase unha panxoliña na Igrexa, preparada por Brais e algúns profes, nais e pais do colexio.

19 h: Reapertura do “mercadillo solidario”.

19:15 h: Sesión de Contacontos na biblioteca por parte dos membros da ANPA.

19:30 h: Convivencia fraterna e chocolatada a cargo da ANPA e COLEXIO para rematar.

Velaí vai unha pequena mostra de instantáneas e un video que o reflicten, BO NADAL E MELLOR 2020 PARA TODOS!  

 




@cole_remedios tweets