ENTROIDO - ESO

  • 09 de febreiro de 2024

ENTROIDO - ESO

FESTIVAL ENTROIDO ESO

Todo un espectáculo!

É marabilloso ver como de ano en ano o nivel do noso Entroido sobe de xeito exponencial!

Moitos dos disfraces foron feitos a man, algúns con materiais de refugallo, e sen grandes inversións. Vese a importancia de que con SINXELEZA podemos alcanzar metas.

So fai falta compromiso co grupo e ilusión, con eses ingredientes acadamos grandes resultados.

Repartidores de comida rápida, futbolistas, astronautas, militares, mecánicos, gardaespaldas, policías e tripulación aérea. Estas foron as comparsas das profesións representadas por toda a ESO con elevada participación e un gusto exquisito.

PARABÉNS porque cando nos implicamos gañamos todos, ainda que 4°B poida saborear o premio dun xeito especial por ser a clase gañadora.

A seguir desfrutando do ENTROIDO!





@cole_remedios tweets