CONCURSO MATEMÁTICO

  • 19 de abril de 2024

CONCURSO MATEMÁTICO

PURPLE COMET MATH MEET

Quen nolo ía dicir... que o equipo dos Escornabois do colexio Ntra. Sra. de los Remedios ía quedar de " FIRST PLACE IN SPAIN" nun concurso matemático de ámbito internacional de gran dificultade.

Alumnado de 1° e 2° ESO integraban este equipo que soubo resolver con enxeño, creatividade e acerto unha parte importante das probas en inglés deste concurso que, a primeira vista, nos parecía inalcanzable!

Parabéns aos dous equipos participantes e moitas grazas ao profesor Andrés que pon todo o seu empeño na preparación neste tipo de concursos. Felicitacións extensivas a todo o profesorado que foi construindo desde ben pequeniños un pensamento e competencia matemática que vai dando bos froitos.





@cole_remedios tweets