CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO

  • 23 de abril de 2026

CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO

Hoxe celebramos no cole o Día do Libro cunha xornada chea de creatividade e amor pola lectura.

O alumnado participou en diferentes actividades e manualidades relacionadas cos contos, dando renda solta á súa imaxinación. Ademais, os rapaces e rapazas da ESO baixaron a contar historias ao alumnado de Infantil e 1º de Primaria, compartindo momentos arredor dos libros e da narración.

Os rapaces e rapazas de 3° de Primaria celebramos o día do libro na libraría Couceiro, onde despois de ler un anaquiño, mostráronnos como se facían os libros antes e como de restauran. Foi moi interesante!

Un día para lembrar que ler é viaxar, soñar e compartir.





@SOCIAL_TWITTER_TAG tweets