EQUIPO PSICOPEDAGÓXICO
O centro conta con 3 tres especialistas dedicados á Orientación. Esta concíbese coma unha actividade orientadora , como unha formulación preventiva das dificultades e desarrollista das competencias dos alumnos , adoptando unha perspectiva sistémica.A través deste equipo, póñense en marcha programas de actuación dirixidos a mellorar a calidade do centro.
A liña de actuación do Departamento de orientación é por programas mediante accións planificadas , encamiñadas a lograr uns obxectivos cos que satisfacer necesidades dirixidas ao alumno con carácter preventivo e de desenvolvemento , deseñando uns obxectivos concretos , planificados , executados e avaliados na que van intervir non só o Departamento de Orientación senón todos os compoñentes da comunidade educativa ( profesores , equipo directivo , país… ). O Departamento de Orientación desenvolve a súa actividade desde a vertente escolar , vertente vocacional e vertente persoal.
ACTIVIDADES E PROGRAMACIÓN
EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA. Centramos a nosa intervención na vertente escolar:
EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA. É a primeira etapa na que os alumnos son atendidos por un equipo amplo de profesores do que se deriva claramente a importancia da acción titorial e a correspondente coordinación docente. En canto ás necesidades educativas non só son atendidas igual que nas etapas anteriores senón que a súa atención redóbrase expóndose Reforzo Educativo , Adaptación Curricular , Opcionalidade . Na ESO o Departamento de Orientación realiza unha dobre función asesorando tamén ao alumnado nas materias optativas que teñen que cursar en 3 e 4 º curso.
1º ESO: Aplicación dunha batería compuesta dunha proba de intelixencia xeral de aptitudes básicas para o estudo e un cuestionario de personalidade.
2º ESO: Procédese igual que en 1º da ESO para os alumnos de nova incorporación. Realízase un estudo de casos individualizados que xorden nos distintos momentos do curso segundo a problemática presentada. O Departamento de Orientación intervén xunto co profesor de apoio no seguimento daqueles casos con dificultades nas Técnicas instrumentais básicas , atención ou dificultades no estudo a través dun apoio dirixido. Ademais neste proceder tamén destacamos a asistencia e participación ás reunións de avaliación co fin de favorecer un maior coñecemento do alumno.
4º ESO: Asesoramos ao alumnado sobre as decisións que teñen que tomar : bacharelato , ciclos formativos, selección de materias optativas... Igualmente, prestamos axuda no proceso de toma de decisións sobre as súas opcións vocacionais. Aplicarase no 3º trimestre do curso probas sobre intereses e preferencias vocacionais , ofrecendo todos os medios de información para realizar o Bacharelato ou trípticos sobre os ciclos formativos de forma que lles sexa máis fácil a toma de decisións segundo preferencias e aptitudes. Manteranse entrevistas cos alumnos e se se considera necesario coas familias.Dentro da SEMANA DA ORIENTACIÓN proponse unhas charlas informativas para orientalos sobe as opcións que teñen ao finalizar 2º ESO e 4º ESO. O alumno/a terá unha entrevista persoal co Departamento de Orientación para falar de como organizar o estudo , cando e como estudar e sacarlle o maior rendemento posible ás súas preferencias académicas e profesionais á hora de realizar a toma de decisións máis adecuada. Desde o Departamento de Orientación informarase á familia en todo momento da toma de decisións máis adecuada.
Ao principio de curso o Departamento de Orientación explicará ás familias as súas liñas de actuación en todos os ámbitos desde a educación Infantil , a Educación Primaria e a ESO. Coa colaboración da ANPA (asociación de nais e pais de alumnos) organizaremos charlas educativas para pais e alumnos sobre temas de interese (Uso responsable das tecnoloxías da información , Como inflúen as tecnoloxías na educación dos nosos fillos, A hiperactividade nos nosos fillos , Problemas de conduta na escola e na casa , Dificultades de aprendizaxe e a desmotivación , Intercambio de alumnos para estudar no estranxeiro, ....).