A Pastoral nos Centros Educativos Vicencianos enténdese como a plataforma para impulsar e revitalizar a identidade evanxelizadora vicenciana en toda a nosa acción educativa. Máis que falar de Pastoral na Escola, queremos falar dunha ESCOLA EN PASTORAL e por tanto, é o noso desexo implicar a toda a Comunidade Educativa na Acción Pastoral do Centro para conseguir a formación integral do noso alumnado mediante a vivencia dos valores evanxélicos, cultivando actitudes evanxélicas de compaixón, empatía, tenrura, solidariedade..., profundizando e avivando a celebración da Eucaristía e traballando a competencia espiritual co noso alumnado.
Queremos que a nosa Comunidade Educativa se caracterice principalmente por desenvolver condutas humanizadoras que nazan de decisións fundamentais e libres que logren transcender máis aló do aparente.
Traballamos a Pastoral desde:
Área de Relixión
Titorías con Alumnos
Titorías con Pais
Atención á Diversidade
Celebracións
JMV
Colaboración coa Parroquia
Educación en valores
Cada ano, as Provincias das Fillas da Caridade de España, comparten un mesmo obxectivo para todos os Centros Educativos Vicencianos. Este obxectivo educativo é unha chamada á procura persoal daquilo que nos enriquece, unha mirada positiva desde a que implicarnos na realidade do noso mundo e continuar transformándoo.Cada un destes valores trabállanse anualmente a través das Xornadas de Sensibilización co alumnado e nas titorías con alumnos e familias.
Actividades programadas no centro:
Proxectos de Aprendixase e servizo
Almorzo Solidario
Campañas Solidarias
Formación do profesorado
JMV (Mocidades Marianas Vicencianas)
O noso Centro ofrece acompañamento a todos os alumnos no seu proceso de maduración na Fe a través de asociacións de pastoral xuvenil, especialmente JMV, á que pertencen moitos dos alumnos e antigos alumnos do Centro.
Que é JMV?
Mocidades Marianas Vicencianas (JMV) é unha Asociación Internacional cuxo obxectivo é avivar os valores da vida cristiá para iluminar as realidades humanas e comprometerse na construción dunha sociedade máis xusta vivindo a solidariedade cos pobres.
No noso colexio os grupos de JMV comezan a partir de 4º de primaria e están abertos a cantos nenos, adolescentes e mozos queiran participar.
As reunións teñen lugar fora do horario escolar.
Identidade da asociación:
Actividades de JMV
Reunións semanais
Obradoiros solidarios
Convivencias a nivel de Centro, Zona, Provincial e Nacional
Acampadas
Campamentos de verán
Lecer e tempo libre
Saídas á natureza
Encontros de Formación e oración para catequistas
Pre-pascua e Pascua Rural e Xuvenil
Celebracións e pasos de etapa
Sacramentos (Eucaristía, Reconciliación e Confirmación)
Campo de traballo
Voluntariado Vicenciano
Experiencias de Servizo e Misións