A estimulación temperá consiste en aumentar a actividade do sistema nervioso mediante estímulos, antes do tempo ordinario, durante as primeiras idades do desenvolvemento infantil. Favorece unha boa e completa organización neurolóxica capaz de previr posibles dificultades nas aprendizaxes futuras. Apoiámonos no programa de coñecemento enciclopédico e no programa físico de desenvolvemento básico.
PROGRAMA DE COÑECEMENTO ENCICLOPÉDICO
Está baseado nos BITS DE INTELIXENCIA. Que son os bits de intelixencia? Un cartón de "Unidade de Intelixencia" representa unha unidade de información. O cartón de Unidade de Intelixencia preparouse cunha ilustración fiel ou cunha fotografía de gran calidade. A través deles favorecemos e desenvolvemos a atención, a memoria, o desenvolvemento da linguaxe, a aprendizaxe, a memoria visual e auditiva. Axudan tamén a adquirir novos coñecementos e son útiles para aprender a relacionar unhas informacións con outras.
PROGRAMA FÍSICO DE DESENVOLVEMENTO BÁSICO.
O obxectivo é estimular o cerebro, para axudarlle a crear conexións neuronais, cantas máis mellor. O programa desenvolve as áreas vestibulares do cerebro, que son tamén as responsables da integración da información sensorial. Cumpre varias funcións importantes: organiza ao cerebro medio, mellora a converxencia visual, desenvolve a coordinación ollo-man, optimiza o desenvolvemento neuromotor. O programa consiste na realización das seguintes actividades: arrastre, gatexo, braqueación, camiñar, correr, equilibrio.