Oferta - Educación primaria

Nesta primeira etapa educativa obrigatoria, o colexio centra os seus esforzos en acompañar aos alumnos no seu proceso madurativo; para iso, continúase traballando as metodoloxías educativas que desenvolven e fomentan as calidades de cada neno. A Educación Primaria é a etapa que comprende desde os 6 ata os 12 anos de idade. Contamos con dúas liñas en cada un dos cursos de educación primaria.
A finalidade da Educación Primaria é proporcionar a todos os nenos e nenas unha educación que permita afianzar o seu desenvolvemento persoal e o seu propio benestar adquirir as habilidades culturais básicas relativas á expresión e comprensión oral, á lectura, á escritura e ao cálculo, así como desenvolver as habilidades sociais, os hábitos de traballo e estudo, o sentido artístico, a creatividade e a afectividade. Esta formación inclúe aspectos sociais, intelectuais e psicolóxicos, sen esquecer os aspectos afectivos tan importantes nos nenos e nenas destas idades. Considerámola como unha etapa fundamentalmente educativa, no máis amplo sentido da palabra. Durante a mesma, os nenos e nenas deben adquirir progresivamente unha sólida base para aprendizaxes posteriores.
A comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, así como as tecnoloxías da información e a comunicación traballaranse en todas as áreas. Ademais potenciarase a educación en valores, con especial referencia á educación na convivencia escolar, familiar e social. De aquí a importancia do noso Plan de animación á lectura e comprensión lectora, aplicado en todos os cursos.

O currículo de educación primaria está organizado nas seguintes áreas:

  • Lingua e Literatura Galega
  • Lingua Castelá e Literatura
  • Lingua Extranxeira (Inglés)
  • Educación Física (impartida en inglés)
  • Matemáticas.
  • Ciencias Sociais
  • Ciencias Naturais  
  • Educación Artística (impartida en inglés)
  • Relixión
  • Valores éticos

 

PROGRAMAS E PROXECTOS

 

 Documento informativo do Colexio




@cole_remedios tweets