QUE É JMV?
JMV é unha asociación xuvenil cristiá á que poden pertencer todos os alumnos dos nosos centros e parroquias onde estean as Fillas da Caridade e Pais Paúis. Esta asociación pertence á rama da Familia Vicenciana e a súa fin principal é educar aos nosos mozos na fe cristiá, presentando a María como modelo a seguir. Juventudes Marianas Vicencianas é unha asociación a nivel internacional que se encontra repartida en 65 países dos 5 continentes. En España, organizámonos en 9 provincias canónigas, tal e como están divididas as Fillas da Caridade. Nós pertencemos á Provincia Norte de Xixón-San Sebastián que está formada por Galicia, Asturias, País Vasco, as provincias León, Palencia, Burgos e Valladolid da CCAA de Castela e León e comunidades en Madrid , Guinea Ecuatorial e Chad.
A NOSA HISTORIA
A nosa andadura remóntase ao ano 1830, cando a Virxe María apareceuse a Santa Catalina Labouré. Desde ese momento a asociación foi madurando e avanzando. O que en principio empezou chamándose Fillas de María, co paso do tempo converteuse en Juventudes Marianas Vicencianas. O 2 de febreiro de 1999 a Santa Sede aproba os Estatutos Internacionais de JMV e recoñece esta nova denominación.
En España toda este movemento comeza polo ano 1979. O 19 de decembro de 1986 o P. Richard Mc Cullen, Superior Xeral da Congregación da Misión e das Fillas da Caridade, aproba os Estatutos de JMV- España que posteriormente, o 23 de febreiro de 1987, son recoñecidos pola Conferencia Episcopal Española.
Desde entón, JMV a nivel provincial foi camiñando e embarcándose en diferentes proxectos, tendo como obxectivo principal o formar aos nosos mozos para que vivan a súa vocación cristiá ao estilo de San Vicente de Paúl, comprometéndose na Igrexa e na sociedade de hoxe. Por isto JMV ten que seguir sendo unha voz coherente ao seu carisma cristián nas diferentes plataformas nas que participe. Actualmente forma parte de diversos Consellos da Mocidade e está recoñecida como Entidade de Voluntariado en diferentes lugares.
QUE FACEMOS?
NOS CENTROS:
A NIVEL PROVINCIAL:
A NIVEL NACIONAL:
OUTRAS LIGAZÓNS DE INTERESE: