No noso centro a etapa de Educación Infantil comprende aos alumnos desde os 3 ata os 6 anos. Esta etapa educativa é esencial, xa que é onde se asentan as bases da súa propia aprendizaxe construíndoa a partir da súa contorna máis próxima. Nesta etapa educativa, na que a maioría dos alumnos teñen o seu primeiro contacto co ámbito escolar, o colexio ofrece unha contorna de proximidade e confianza, levando a cabo metodoloxías innovadoras. A nosa proposta educativa:
Formación para unha sociedade en continua movemento.
Ensinanza personalizada.
Compromiso e paixón.
Relacións estreitas e de colaboración.
Competencia espiritual.
Metodoloxías activas.
Todo iso lévase a cabo a través das seguintes áreas, entendidas como espazos de aprendizaxe:
Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.
Coñecemento da contorna.
Linguaxes: comunicación e representación.
Relixión.
Inglés.
PROGRAMAS E PROXECTOS
Proxectos de comprensión que facilitan a aprendizaxe e a asimilación de contidos. Permiten que o alumnado poida realizar unha variedade de tarefas, demostrar que entenden do asunto proposto e á vez ser capaces de usalo en momentos diferentes
Estimulación temperá e bits co fin de axudar á formación da estrutura do cerebro, facilitando estímulos que permitan que o neno (3- 6 anos) desenvolva as súas capacidades cognitivas, físicas e sociais.
Aprendizaxe cooperativa no marco do obxectivo de cooperar para aprender e aprender para cooperar.
Plurinfantil - BEDA KIDS os idiomas son unha aposta educativa do colexio que se potencia desde Educación Infantil con 5 horas semanais en inglés e con auxiliar de conversa.
Rutinas e destrezas de pensamento como ferramentas para estruturar o pensamento do alumnado e facelo visible.
Aprendizaxe baseada en problemas (ABP). Preséntase ó alumnado o problema e invítaselles a identificar o que teñen que aprender. Estes investigan e buscan información para resolver o problema e o profesor facilita que o proceso ocorra.
Robótica a fin de mellorar a atención, a concentración, a organización lóxica e o cálculo.
Intelixencias múltiples. Aplicación de estratexias pedagóxicas ademais das lingüísticas e matemáticas que permitan enfoques creativos e o desenvolvemento de outras intelixencias (interpersoal, intrapersoal, corporal, naturalista, plástica, musical e espiritual).
Xadrez para transformar a clase nun ximnasio mental para desenvolver o pensamento creativo e cultivar valores e habilidades sociais.