Somos unha Familia que afunde as súas raíces na persoa de Vicente de Paúl que en 1617 en Francia recibe o don do carisma que hoxe chamamos "carisma Vicenciano". Este carisma rapidamente vaino compartir cos laicos, un grupo de mulleres cristiás. Aquelas mulleres de Chatillón son as primeiras en poñerse en marcha baixo a animación e a guía de Vicente. Elas son AS COFRADÍAS DA CARIDADE cuxa finalidade queda claramente definida no seu primeiro Regramento: Honrar ao noso Señor como modelo e á súa santa Nai e para asistir aos pobres doentes corporal e espiritualmente.
No ano de 1625 fundou a CONGREGACIÓN DA MISIÓN para evanxelizar, de palabra e de obra, aos pobres, especialmente, aos campesiños,... Máis tarde, no ano de 1633, San Vicente e Santa Luísa fundaron a COMPAÑÍA DAS FILLAS DA CARIDADE para ser sirventas dos pobres, que é como dicir, sirventas de Xesucristo.
Ao longo do tempo foron moitas as Congregacións, asociacións de laicos e grupos que se inspiraron no carisma vicenciano como guía da súa fe e para construír un mundo máis xusto. Hoxe podemos contar no noso mundo a máis de 170 Congregacións ou Asociacións que beben das fontes vicencianas para nutrir a súa espiritualidade cristiá e para motivar a súa entrega apostólica.
As ramas que se alimentan dunha mesma savia:
Algúns dos elementos comúns destas ramas: