ABALAR é o proxecto para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia, como unha das áreas prioritarias de intervención da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. ABALAR organizará os recursos existentes para acadar o aproveitamento efectivo dos contidos dixitais existentes nas redes nuns centros educativos cada vez máis preparados tecnoloxicamente.
O proxecto ABALAR, liderado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, levará a cabo un proceso de cambio no que converxerán de forma coordinada e aliñada os seguintes eixos sobre os que se desenvolve o proxecto:
- Equipamento e infraestruturas.
- Contidos educativos.
- Fomento da cultura dixital.
- Integración e participación.
A estratexia do proxecto ABALAR xira arredor do concepto de centro educativo dixital. O centro educativo dixital supera o concepto de centro educativo tradicional e persegue dispor de recursos humanos e pedagóxicos, así como de infraestruturas e servizos axeitados para o uso cotián da tecnoloxía por parte de todos os axentes da comunidade educativa, na actividade docente, de aprendizaxe e administrativa.
No noso colexio o proxecto ABALAR está implantado en 1º e 2º curso de Educación Secundaria Obrigatoria. Todos os alumnos destes cursos teñen a posibilidade de utilizar o portátil do proxecto ABALAR.
Para máis información: http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/