O colexio ofrece a posibilidade de que as familias compren os libros de texto no propio centro. O procedemento para a reserva-compra e pago dos libros será o seguinte:
- Enchendo e entregando a solicitude de reserva que estará dispoñible na administración do colexio ou ben enviarase a todas as familias a finais de maio ou principio de xuño.
- Se algunha familia desexa modificar ou anular dita solicitude, deberá de comunicalo antes da data límite de entrega de reservas.
- Para poder adquirir os libros de texto no colexio é necesario estar ao corrente de pago de todos os recibos.
- As reservas realizaranse por lote completo ou ben libros soltos.
- Unha vez realizada a reserva o colexio enviará ou entregará a cada familia o importe total do seu pedido. As familias deberán ingresar nunha conta do colexio, destinada para este fin, o importe total indicando o nome e curso do alumno.
- Os libros poderanse recoller na secretaría Para poder facelo deberán entregar xustificación do ingreso realizado.