O obxectivo fundamental das Actividades Extraescolares que oferta o Colexio é proporcionar un complemento de formación e desenvolvemento para os nosos alumnos enriquecendo a súa personalidade, os seus gustos e as súas necesidades. É importante unha boa elección destas actividades que debe realizarse en base aos intereses, posibilidades e necesidades dos alumnos. Non debemos esquecer a importancia que ten integrar estas actividades no tempo real que necesitan os mozos para o estudo. Permiten unha maior participación da comunidade educativa desenvolvendo valores relacionados coa socialización, a participación e a cooperación.
Promoven un sentimento de pertenza ao centro e ao grupo, axudan a adquirir unha maior autonomía e responsabilidade na organización do seu tempo libre, favorecendo a autoestima ao dar a oportunidade de destacar naquelas competencias e habilidades nas que senten máis motivados e capaces.
a
Ante calquera dúbida ou consulta sobre estes servizos, pódese poñer en contacto co responsable, Victoriano Ramos Benito, no correo electrónico: extraescolaresremedios@gmail.com
As actividasdes existentes poden variar cada curso. O centro realiza unha gran oferta e dependendo das solicitudes das familias,aquelas nas que hai un grupo mínimo, acaban implantándose. Este curso as actividades son as seguintes:
ACTVIDADES 2023-24 |
|
Teatro |
|
Fútbol Sala |
|
Ballet |
|
Robótica |
|
Informática |
|
Xadrez |
|
Iniciación ao fútbo sala (predeporte) |
|
Exprésate coas cores |
|
Diverciencia |
|
Ximnasia Rítmica |
|
Patinaxe |
|
Escola natación USC |
|
Ludoteca |
|
Inglés ACADEMIA ACTIVA |
|