Proxecto - Plurilingüismo e plurinfantil

PLURINFANTIL

Desde o curso 2017-2018 o colexio participa no proxecto PLURINFANTIL : unha aposta nesta etapa na que o  número de horas que teñen os alumnos de Educación Infantil é de 5 horas semanais que se reparten en 10 sesións de media hora. Este incremento das sesións dentro da aula en lingua inglesa lévase a cabo con diferentes actividades de expresión oral (speaking), rutinas, psicomotricidade e vocabulario adaptado a cada aula.
Grazas a este proxecto os nosos alumnos teñen contacto coa lingua inglesa desde idades máis temperás, ofrecendo a posibilidade de desenvolver a comprensión e expresión en inglés de maneira lúdica e natural, o que facilitará a súa continuación no proxecto plurilingüe en Educación Primaria.

Os obxectivos finais son:          

  1. Incrementar o número de horas adicadas á lingua estranxeira en infantil.
  2. O motivo fundamental que impulsa ao centro é a resposta á necesidade de mellorar o nivel de competencia oral do alumnado, así como o seu coñecemento sociocultural e a capacidade para abrirse a outras linguas e culturas.
  3. Anticiparse ao Proxecto Plurilingüe de Educación Primaria .
  4. Continuar coa implantación de proxectos que melloren o dominio das linguas estranxeiras iniciada no curso 2007-2008 con seccións bilingües no primeiro ciclo de Educación Primaria.
  5. Continuar coa implantación   de proxectos que melloren a calidade educativa do Centro
  6. Acercar ao alumnado e profesorado á cultura do país mediante a presentación de temas de actualidade e actividades lúdicas.
  7. Enriquecer simultaneamente e dun xeito correlacionado os coñecementos lingüísticos integrados nas  diversas áreas de infantil.
  8. A necesidade de posuír , na sociedade actual un bo dominio de linguas estranxeiras.
  9. Mellorar o proceso de ensinanza/aprendizaxe da lingua inglesa.
  10. Desenvolver destrezas de comunicación nos diferentes idiomas.

PLURILINGÜISMO 

O colexio pertence á REDE DE CENTROS PLURILINGÜES DE GALICIA que comezaron a denominarse así no curso 2010-2011. Os centros plurilingües son aqueles que imparten unha ou varias materias en lingua estranxeira en toda unha etapa educativa. Teñen, entre outros, os seguintes obxectivos:
  1. Formar en linguas estranxeiras á vez que en contidos non lingüísticos.
  2. Mellorar o dominio efectivo en linguas estranxeiras do alumnado galego.
  3. Fomentar a pluralidade lingüística e cultural nos centros educativos para lograr a plena integración do alumnado nun contexto cultural e económico globalizado.
  4. Promover o desenvolvemento dun currículo integrado das linguas para favorecer a transferencia dos coñecementos e as competencias dunha lingua a outras.

As medidas para potenciar o idioma son:

PRIMARIA

  1. As materias impartidas en inglés: Música, Plástica e Educación Física
  2. Auxiliar de conversa en todos os grupos.
  3. Preparación para exames Cambridge nas extraescolares de inglés.
  4. Campamento de verán de inglés ( depende das condicións sanitarias pola COVID)

ESO

  1. As materias impartidas en inglés: Música en 2º ESO e Educación Plástica e Visual e audiovisual en 1º ESO
  2. Preparación para exames Cambridge nas extraescolares de inglés.
  3. Inmersión lingüística con familias no estranxeiro. ( depende das condicións sanitarias pola COVID)

 




@cole_remedios tweets