Actividades e obradoiros con inmersión lingüística total en inglés para alumnos de Infantil e Primaria que se desenvolverá no noso Centro a finais de xuño e no mes de xullo.
1.- OBXECTIVOS
Promover actividades que favorezan a diversión creando un ambiente lúdico
Facilitar a adquisición de destrezas lingüísticas en inglés, tanto a nivel oral coma escrito.
Experimentar e gozar de novas experiencias con actividades lúdicas.
Fusionar o xogo, o entretemento e a diversión coa aprendizaxe do INGLÉS.
2.- DATAS, HORARIOS E SERVIZOS
Desde o día seguinte que rematan as clases ata o 31 de xullo de 08:00 h a 16:00 h.
De 08:00 a 09:30 h. Servizo de Madrugadores
De 09:30 a 14:00 h. Obradoiros e Actividades
De 14:00 a 16:00 h.Servizo de Comedor
3.- OBRADOIROS E ACTIVIDADES
Os alumnos participantes estarán distribuídos en grupos reducidos (máximo 10) e por idades. Unha vez coñecido o número de alumnos e as súas idades serán organizadas as actividades e obradoiros. Os profesores participantes serán profesores nativos e profesores de inglés, a maioría auxiliares de conversa e profesores do Colexio.
Actividades:
Xogos (xogos populares, a bandeira, rastrexo, far man, musicais, ...)
Deportivas (volley red, floorball, aerobic, ...)
Artísticas (obradoiros de manualidades, pintura, debuxo...)
Dinámicas (story telling, role plays, brainstorming, team building, ...)
Outras actividades (twister, tabú, who is who, busca palabra, ....)
4.- FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
A formalización de matrícula será do 1 de maio ao 7 de xuño de cada curso (orientativo). A partir desta data solo se adxudicarán prazas se quedan grupos sen completar.
Pasos a seguir:
a). Cubrir a ficha de matrícula correspondente que deberá entregarse na Secretaría do Centro debidamente cumprimentada así como o xustificante bancario de pago.
b). A MATRÍCULA na actividade complétase co pago da totalidade. En caso de baixa, comunicarase por escrito á coordinación do campamento e non se realizará devolución sen causa debidamente xustificada.
PREZOS
MODALIDADE |
HORARIO |
PREZO |
Servizo de Madrugadores
|
8:00 a 9:30 h |
5 euros |
Obradoiros e Actividades 1 semana completa de luns a venres de xullo |
9:30 ás 14:00 h |
60 euros |
Obradoiros e Actividades Quenda de 2 semanas de xuño-xullo |
9:30 ás 14:00 h |
110 euros |
Obradoiros e Actividades Quenda de 3 semanas de xuño-xullo |
9:30 ás 14:00 h |
150 euros |
Obradoiros e Actividades (Mes completo xullo) |
9:30 ás 14:00 h |
190 euros |
Obradoiros e Actividades (Quenda xuño máis xullo) |
9:30 ás 14:00 h |
220 euros |
Servizo de Comedor (cada semana) |
14:00 ás 16:00 h |
25 euros |
Servizo de Comedor (Mes completo) |
14:00 ás 16:00 h |
100 euros |
Sen o número mínimo de participantes en cada escala, fixado en 10 matriculados, non se realizará a actividade (os inscritos recuperarán a reserva de praza). Terán prioridade os alumnos do colexio e de mes completo. O número máximo de prazas é 60 asignadas por orde de inscrición, tendo en conta os criterios anteriores.
Ficha de formalización de matrícula.