Proxecto - Programa Beda e Bedakids

PROGRAMA BEDA

O Programa BEDA, consiste nunha implantación gradual do ensino bilingüe do inglés. Persegue, en última instancia, implementar e optimizar a eficacia do ensino de idiomas na escola. A incorporación ao  Programa BEDA é compatible co regulamento  da Comunidade Autónoma de Galicia dos CENTROS PLURILINGÜES.

Baséase fundamentalmente en 3 eixos principais:

  1. Incremento cualitativo e cuantitativo do ensino de inglés nos centros que entren a formar parte do proxecto.
  2. Programación dunha formación específica dirixida ao profesorado.
  3. Avaliación externa do alumnado e dos membros da comunidade educativa do centro, cun axente avaliador de recoñecido prestixio, como é a University of Cambridge ESOL Examinations.

Para este terceiro punto, inclúese a realización dos exames no propio centro facilitando a súa execución, a través da familiarización coa contorna e evitando traslados innecesarios. Poderanse examinar de: Young Learners English Tests (YLE), Key English Test (KET), Preliminary English Test (PET), First Certificate in English (FCE), e do Teaching Knowledge Test (TKT), específico para o profesorado.

MODELOS DE IMPLANTACIÓN DO PROGRAMA BEDA

  1. Modelo de Potenciación do Inglés (MPI)   
  2. Modelo Bilingüe (MB)
  3. Modelo de Excelencia Bilingüe (MEB)

O noso Colexio participa no Modelo Bilingüe para o Programa BEDA. Isto implica que:

  1. O Centro  participa no proxecto PLURINFANTIL en Educación Infantil
  2. O Centro  participa no proxecto PLURILINGÜE en Educación Primaria
  3. O Centro conta con AUXILIARES DE CONVERSA NATIVAS en todas as etapas.
  4. Actividades extraescolares de Inglés coas nosas AUXILIRES DE CONVERSA NATIVAS coa posiblidade de que os alumnos poidan presentarse a exames CAMBRIDGE.
  5. Campamento de inglés a finais de xuño e todo xullo que se desenvolve no propio centro.
  6. Inmersión lingüística para todos os alumnos de ESO

 

PROGRAMA BEDAKIDS

O colexio tamén participa no programa BEDA KIDS, como recoñecemento ao esforzo conxunto que o centro está a facer pola potenciación do ensino do inglés na Etapa de Educación Infantil (3 a 5 anos). O programa BEDA KIDS pretende facilitar a mellora do inglés en Educación Infantil e consolidar as iniciativas que se están desenvolvendo nesta etapa. Do mesmo xeito que o Programa BEDA xeral, BEDA KIDS aséntase en tres alicerces fundamentais:

  1. A mellora cuantitativa e cualitativa do ensino do inglés.
  2. A formación específica do profesorado e auxiliares nativos.
  3. A avaliación do progreso dos nenos dunha maneira innovadora, lúdica e divertida.

 

 

 

 

 




@cole_remedios tweets