Na actualidade, o Equipo de Titularidade dos Centros Educativos Vicencianos unificou, para toda a Provincia o Uniforme escolar.
NENAS
Saia de cadros segundo deseño aprobado e patentado pola Entidade Titular. Pantalón gris marengo con logotipo patentado CEV bordado segundo deseño aprobado pola Entidade Titular.
Xersei azul de pico ou chaqueta azul de cremalleira con bordado de logotipo patentado CEV .
Polo branco con colo marcado con dúas liñas de manga curta ou longa segundo a época do año, con bordado de logotipo patentado CEV.
Calcetíns, medias ou leotardos gris marengo.
Calzado negro ou azul marino tipo colexial. Permítese o uso de botas ou katiuscas sempre en cor negro ou azul marino.
Mandilón ou baby en cadros de vichy azul con logotipo patentado CEV, desde Ed. Infantil 3 años ata 4º de Ed. Primaria.
NENOS
Pantalón gris marengo con logotipo patentado CEV bordado segundo deseño aprobado pola Entidade Titular.
Xersei azul de pico ou chaqueta azul de cremalleira con logotipo patentado CEV.
Polo branco con colo marcado con dúas liñas, de manga curta ou longa segundo a época do ano, con bordado de logotipo patentado CEV.
Calcetín ou media gris marengo tipo colexial.
Calzado negro ou azul marino tipo colexial. Permítese o uso de botas ou katiuscas sempre en cor negro ou azul marino.
Mandilón ou baby en cadros de vichy azul con logotipo patentado CEV, desde Ed. Infantil 3 años ata 4º de Ed. Primaria.
ROUPA DE ABRIGO
Á hora de elixir a roupa de abrigo hai que ter en conta que cumpra cos obxectivos xerais do uniforme permítese unha gama de cores acordes co uniforme, isto é, azul mariño, negro ou gris marengo. Non está permitido outro xersei diferente ao do uniforme como roupa de abrigo. Pódese usar sudadera como roupa de abrigo de cor azul mariño, esta ha de ser discreta e lisa. En caso de necesitar abrigo, impermeable, anorak,…, ha de ser en tons azul mariño, negro ou gris marengo. De ser cazadora vaqueira ha de ser azul escuro e sen debuxos. En caso de utilizar bufanda deberá ser predominantemente en azul mariño ou gris.
EDUCACIÓN FÍSICA E DEPORTE
O uniforme de Educación Física, só se puede utilizar para a clase de educación física, ou aquelas actividades que se requira. O uniforme comprende:
Chándal segundo deseño aprobado pola Entidade Titular con bordado do logotipo patentado CEV.
Camiseta branca con colo redondo estampado con bordado do logotipo patentado CEV.
Calzado deportivo branco.
Opcional para o bon tempo pantalón curto azul marino, con bordado do logotipo patentado CEV.
Calcetín branco de deporte.
O uniforme escolar poderase adquirir nos establecementos autorizados ou ben vía ONLINE pulsando o seguinte enlace e seguindo as instruccións: