Os alumnos de 2 ESO tiveron a fortuna de visitar á catedral da nosa cidade. Milleiras de persoas percorren milleiros de quilómetros para vir á nosa cidade e visitar o templo.
Os nosos alumnos puideron ademáis de visitar o museo e o templo , desfrutar das cubertas da catedral, coas súas vistas, simboloxía e monumentalidade.
As guías explicaron todos os segredos que garda o templo e os edificios contigüos, así puideron saber que a catedral tiña a función dun castelo, que tiñas máis torres e que podemos saber o paso do tempo observándoa. Así vimos o paso do románico ao barroco pasando polo gótico e renacemento. Tamén decatáronse do que facemos na aula ten unha correspondencia coa realidade ue nos rodea.
Ademáis puidemos visitar o pazo de Xelmirez, co seu espectacular sala de armas e comedor, lugar de múltiples acontecementos como foi a sinatura do Estatuto de Galicia.
Tamén puidemos observar as portadas laterais e contemplar as distintas partes arquitectónicas e escultóricas das mesmas, como ben saben os alumnos, é como un libro que nos ilustra sobre o noso pasado