Visitamos o Museo das Peregrinacións
Hoxe, o alumnado de primeiro, fomos de excursión ao Museo das Peregrinacións e aprendemos moitas cousas sobre o Camiño de Santiago e os peregrinos. Puidemos ver cunchas e roupa dos peregrinos, mapas dos camiños e como non a catedral nas distintas fases. Tamén vimos
obxectos antigos moi interesantes.
O que máis nos gustou foi
sentirnos como verdadeiros peregrinos.
Descubrir que persoas de todo o mundo veñen a Santiago.
Foi unha experiencia moi divertida e aprendemos moito!