Hoxe celebramos o Día da Familia dunha maneira moi especial xunto ao noso alumnado de 1º e 2º de Primaria.
Queremos agradecer de corazón a todas as familias que nos acompañaron e compartiron esta tarde chea de cancións, sorrisos e unha rica merenda.
Momentos coma estes recórdanos a importancia de camiñar xuntos, escola e familia, creando lembranzas inesquecibles para os nosos nenos e nenas.