Hoxe celebramos con moita ilusión o Día das Letras Galegas no noso cole, unha xornada chea de música, poesía e emoción para render homenaxe á nosa lingua e cultura.
Durante toda a semana pasada, o alumnado traballou a figura de Begoña Caamaño, achegándose á súa vida e obra a través de diferentes actividades nas aulas.
Ao longo do día, os distintos cursos participaron en actuacións, recitados poéticos e cantigas tradicionais. Ademais, realizamos unha visita ao Panteón de Galegos Ilustres para facer unha ofrenda moi especial.
Unha celebración para sentirnos orgullosos da nosa lingua e seguir mantendo viva a riqueza de Galicia.