VISITAS AO GADIS DE E. PRIMARIA

  • 29 de xaneiro de 2018

VISITAS AO GADIS DE E. PRIMARIA

Durante o trimestre pasado, nos tres primeiros cursos de Educación Primaria, traballamos en Ciencias da Natureza “O corpo humano”. No último apartado deste tema afondamos nos hábitos saudables e a pirámide dos alimentos. Por iso, estes días fixemos unha saída ao super.

“Alimentes” é unha proposta de Gadis para fomentar os hábitos saudables dos máis pequenos. Posto que está relacionado co que estabamos a traballar nas clases, aceptamos encantados visitar o supermercado. Alí repasamos o tipo de alimentos que forman parte da pirámide dos alimentos e o que nos proporcionan cada un deles, que facer para ter unha vida activa, así como un consumo responsable; todo o necesario para estar sans.

No supermercado, ademais de repasar todo isto, contáronnos como diferenciar peixe branco do peixe azul, os diferentes cereais cos que fan o pan, coñecemos froitas novas,  vimos todos os tipos de carne que había, cantos litros de auga debemos beber ao día.... Percorremos todo o supermercado pasando pola froitaría, peixaría, carnicería, a zona dos lácteos, panadaría e o corredor das bebidas.

 





@cole_remedios tweets