“ZAPPING” UNHA OBRA DE TEATRO PARA QUE OS NENOS E NENAS APRENDAN INGLÉS

  • 30 de xaneiro de 2018

 “ZAPPING” UNHA OBRA DE TEATRO PARA QUE OS NENOS E NENAS APRENDAN INGLÉS

 

O pasado mércores os alumnos de 4º, 5º e 6º de educación Primaria do noso colexio acudiron ao teatro a ver a obra de teatro `Zapping´. Trátase dunha actividade educativa que ten como obxectivo reforzar a formación extracurricular que os estudantes reciben nas súas aulas.

Mediante esta hilarante comedia musical o alumnado puido potenciar a súa educación en competencias tranversais  tales coma o talento, a creatividade e o traballo en equipo.

A obra fai una reflexión  sobre as consecuencias derivadas das eleccións que facemos na vida, destacando a importancia de saber tomar a mellor decisión posible para aprender dos erros.

“Zapping” narra a historia de Eli, una nena como outra calquera, que ten unha familia un tanto peculiar. Eli descubre que ten o poder de rebobinar o tempo, polo que dispón de novas oportunidades para cambiar as súas eleccións e facer que as consecuencias cambien, tanto no seu ámbito persoal coma na relación coa familia e amigos.

Diversión e aprendizaxe van da man nesta obra que tivemos o pracer de disfrutar. 

 





@cole_remedios tweets