Na noite de onte o noso alumnado de 4° ESO achegouse unha vez máis ao mundo do voluntariado nun evento deportivo na zona vella da cidade.
Nesta décima edición da carreira non faltou a maxia desta cita entre deporte e solidariedade.
Non tedes máis que ver as caras de ledicia das instantáneas!!!
Graciñas rapaces, porque coa vosa axuda fanse posible proxectos importantes!!!!
Todas estas experiencias non se aprenden nos libros nin nas pizarras e vós quixestes aprender deste xeito!
A pola seguinte edición!