OLIMPÍADA DE XEOGRAFÍA

  • 05 de xuño de 2026

OLIMPÍADA DE XEOGRAFÍA

 

Onte pola tarde, o alumnado de 3º da ESO participou na final das V Xornadas das Olimpíadas de Xeografía, representando ao noso centro cun excelente nivel de preparación, esforzo e ilusión.

Queremos felicitar especialmente a Nicolás Otero, que conseguiu situarse entre os 10 primeiros clasificados a nivel nacional, un magnífico resultado que recoñece o seu traballo e dedicación.

Tamén queremos expresar o noso agradecemento a María, do Colexio de Xeógrafos, por acompañarnos durante esta xornada e por contribuír a que a experiencia fose tan enriquecedora para todo o alumnado.

Parabéns a Nicolás e a todos os participantes por representar tan ben ao noso centro!





@SOCIAL_TWITTER_TAG tweets