Unha semana moi movida!
Esta foi unha semana especial e chea de actividades para o alumnado de 1º de EP. O mércores visitamos o Museo do Pobo Galego, onde puidemos gozar dunha pequena obra de teatro cuns protagonistas simpatiquísimos que nos ensinaron a importancia de compartir.
O xoves e o venres, xunto co alumnado de segundo, visitamos a libraría Couceiro. Alí, ademais de poder ler, explicáronnos como se facían os libros hai séculos. Foi unha experiencia moi interesante!
E hoxe, para rematar a semana, fomos á Ludoteca María Miramontes. Alí participamos en xogos divertidos e pasámolo xenial.
Sen dúbida, foi unha semana chea de aprendizaxes, diversión e novas experiencias.