OBRADOIROS DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE O COIDADO DO MAR 1º E 2º EP

  • 10 de xuño de 2026

OBRADOIROS DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE O COIDADO DO MAR 1º E 2º EP

 

O luns e o martes, o alumnado de 1.º e 2.º participou nuns obradoiros impartidos por Pablo de Limpocean para concienciarse sobre a importancia de coidar os mares e os océanos.

Como peche da actividade, o martes elaboramos un gran mural colectivo con materiais plásticos recollidos nas nosas praias, transformando residuos nunha obra que nos lembra a necesidade de protexer o medio mariño.

Foi unha experiencia moi enriquecedora que nos axudou a comprender que cada pequeno xesto conta para manter os nosos mares máis limpos.





@SOCIAL_TWITTER_TAG tweets