EXCURSIÓN A CORRUBEDO 2º EP

  • 13 de xuño de 2026

EXCURSIÓN A CORRUBEDO 2º EP

Que mellor maneira de celebrar o final de curso!

O alumnado de 2º pasou un día xenial en Corrubedo, visitando pola mañá o Centro de Interpretación do Parque Natural e descubrindo un montón de cousas interesantes sobre a súa contorna. Despois fomos a Boiro para xantar e aproveitar a praia nun día espectacular de sol e calor.

Houbo tempo para aprender, xogar, rir e crear bos recordos xuntos. Un broche de ouro para este curso.





@SOCIAL_TWITTER_TAG tweets